Benvidos a nosa Biblioteca, un lugar de maxia, ilusión e fantasía...

mércores, 21 de xuño de 2017

Contacontos "O censor de monstros"

Hoxe 21 de xuño de 2017, xa case rematando o curso, grazas ao Concello e a Anpa, xunto cos equipos de Dinamización Lingüística e da Biblioteca, todos os nen@s do cole desfrutaron dun divertido contacontos no auditorio municipal titulado "O censor de monstros". Pasáronno xenial e ademais os membros da compañía tiveron o detalle de deixarnos no centro a un dos "monstros" do conto: "O carballo de San Fins".
AQUÍ ÁLBUM DE FOTOS

Recomendacións para o verán

Pois o curso case está rematado e non podían faltar unhas recomendacións de lecturas para facer máis levadeira a calor destes meses. Así pois dende a biblioteca aí vos deixamos unha suxerencia en galego e outra en castelán para cada curso.
AQUÍ ÁLBUM DE FOTOS







domingo, 11 de xuño de 2017

OS NOSOS CONTOS

Os nenos de E. Infantil de 4 anos en colaboración coa biblioteca e con Dinamización Lingüística traballaron ao longo do curso diferentes contos. Aquí podedes ver un vídeo cun resumo dos mesmos.

domingo, 4 de xuño de 2017

Debuxario

Outra actividade que realizaron os alumnos de Infantil de catro anos en colaboración coa biblioteca e dinamización lingüística, foi a elaboración dun "Debuxario" co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega. Trátase tamén dun diccionario de imaxes e palabras en galego traballadas ao longo do curso no taller de A.L.
Aquí álbum de fotos.


DEBUXARIO. Infantil 4 anos. CEIP Antpnio Carpintero. Curso 2016/2017 by Slidely Slideshow

Palabras Secretas

Os nenos de E. Infantil de catro anos, en colaboración coa biblioteca, a partires do 2º trimestre, comezaron un proxecto de lecto-escritura de lingua castelá que tiña por título "Palabras Secretas". Os venres pola mañá, os nenos ao chegar á clase, atopaban unha palabra nun sobre personalizado co seu nome. As palabras tiñan relación co tema que se estaba a tratar na aula. A continuación facían unha pequena investigación da "palabra secreta"e cubrían unha ficha. O resultado desta actividade pasou a formar parte da biblioteca como un pequeno diccionario para os nenos de E.I.
Aquí álbum de fotos.


venres, 2 de xuño de 2017

Regalos para os auxiliares de biblioteca!

Un curso máis a biblioteca do cole ten a sorte de contar con nen@s voluntarios de quinto e sexto que todos os recreos realizan tarefas tan necesarias na biblioteca como son: manter a orde e o silencio, axudar no préstamo de libros, supervisar a colocación dos libros despois do seu uso, axudar nas tarefas de reparación dos libros e controlar o uso dos ordenadores. Son os nosos auxiliares! E para agradecer o seu labor onte fíxoselles entrega dun pequeno agasallo que consiste nunha taza feita a man cun debuxo do "Principiño" e una frase do mesmo extraída do libro que traduciu Carlos Casares. Dentro da taza levaban un par de marcapáxinas e por fora a tarxeta que os identificaba como auxiliares. Grazas pola vosa colaboración rapaces!
ÁLBUM AQUÍ