Benvidos a nosa Biblioteca, un lugar de maxia, ilusión e fantasía...

martes, 21 de marzo de 2017

Día de Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía, algúns nenos dos cursos máis altos léronlles aos máis pequenos diferentes poemas de Rosalía de Castro. Ademáis algúns deles puxeron voz ao coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes". Podédelo ver no seguinte vídeo






luns, 13 de marzo de 2017

Isto tamén é arte!

Aproveitando o tema deste ano, centrado na arte, os alumnos de primaria realizaron uns esgrafiados impresionantes. Fixemos a exposición dos mesmos, como non, na nosa árbore da vida. Quedaron preciosos. Podédelos ver neste video e nas fotos. AQUÍ FOTOS


xoves, 9 de marzo de 2017

ADIVIÑA ADIVIÑANZA!

A biblioteca do cole, xunto con dinamización lingüística propóñennos un concurso de adiviñas para que lle "deamos ao coco". A ver cantas somos quen de adiviñar!

Tempo de entroido

Xa esta aquí! e como non, a nosa árbore volve ser testemuña da celebración. Unha vez máis volvimos contar coa axuda das familias o cal sempre lles agradecemos para que descorasen desta volta uns antifaces. Quedaron preiosos. Podédelo ver AQUÍ  nas  fotos e xuzgar vos mesmos!



Cambios na nosa bblioteca

Aproveitando que xa temos mascota fixemos algúns cambios para mellorar o espazo da biblioteca . Utilizamos a imaxe de Leo para cambiar a CDU e fixemos uns petos para que os marcadores que utilizamos estean máis ordenados.



 

                                         

                                                                    

Leo, a nosa mascota

Xa fai bastante tempo que resolvimos o concurso da mascota e xa temos  escollido o deseño e nome da nosa mascota. 
Unha vez rematados os debuxos, se expuxeron na parede de entrada á biblioteca, para que cada neno puidese elixir o que máis lle gustase. A elixida por maioría foi a de Carmen Lestedo de 6º, e o nome ocurríuselle a Eric de cuarto. Premendo nas seguintes palabras podedes ver mási fotos.

FOTOS MASCOTA

O día da Paz

Esta celebración tamén a quixemos centrar en torno a nosa "árbore" que este ano será a que acolla moitos dos nosos traballos. No día da paz encheuse de cor xa que foi vestida con moitos globos cheos de boas palabras e desexos de paz. A actividade consistiu en que cada neno escribiu un pequeno texto relacionado coa paz nun papel que logo introduciron nos globos. Eses globos lanzáronse e cada neno colleu un que explotou e leu a mensaxe que lle tocou.
Aquí podedes ver as fotos e vídeos da celebración.