Benvidos a nosa Biblioteca, un lugar de maxia, ilusión e fantasía...

mércores, 21 de xuño de 2017

Contacontos "O censor de monstros"

Hoxe 21 de xuño de 2017, xa case rematando o curso, grazas ao Concello e a Anpa, xunto cos equipos de Dinamización Lingüística e da Biblioteca, todos os nen@s do cole desfrutaron dun divertido contacontos no auditorio municipal titulado "O censor de monstros". Pasáronno xenial e ademais os membros da compañía tiveron o detalle de deixarnos no centro a un dos "monstros" do conto: "O carballo de San Fins".
AQUÍ ÁLBUM DE FOTOS

Recomendacións para o verán

Pois o curso case está rematado e non podían faltar unhas recomendacións de lecturas para facer máis levadeira a calor destes meses. Así pois dende a biblioteca aí vos deixamos unha suxerencia en galego e outra en castelán para cada curso.
AQUÍ ÁLBUM DE FOTOS







domingo, 11 de xuño de 2017

OS NOSOS CONTOS

Os nenos de E. Infantil de 4 anos en colaboración coa biblioteca e con Dinamización Lingüística traballaron ao longo do curso diferentes contos. Aquí podedes ver un vídeo cun resumo dos mesmos.

domingo, 4 de xuño de 2017

Debuxario

Outra actividade que realizaron os alumnos de Infantil de catro anos en colaboración coa biblioteca e dinamización lingüística, foi a elaboración dun "Debuxario" co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega. Trátase tamén dun diccionario de imaxes e palabras en galego traballadas ao longo do curso no taller de A.L.
Aquí álbum de fotos.


DEBUXARIO. Infantil 4 anos. CEIP Antpnio Carpintero. Curso 2016/2017 by Slidely Slideshow

Palabras Secretas

Os nenos de E. Infantil de catro anos, en colaboración coa biblioteca, a partires do 2º trimestre, comezaron un proxecto de lecto-escritura de lingua castelá que tiña por título "Palabras Secretas". Os venres pola mañá, os nenos ao chegar á clase, atopaban unha palabra nun sobre personalizado co seu nome. As palabras tiñan relación co tema que se estaba a tratar na aula. A continuación facían unha pequena investigación da "palabra secreta"e cubrían unha ficha. O resultado desta actividade pasou a formar parte da biblioteca como un pequeno diccionario para os nenos de E.I.
Aquí álbum de fotos.


venres, 2 de xuño de 2017

Regalos para os auxiliares de biblioteca!

Un curso máis a biblioteca do cole ten a sorte de contar con nen@s voluntarios de quinto e sexto que todos os recreos realizan tarefas tan necesarias na biblioteca como son: manter a orde e o silencio, axudar no préstamo de libros, supervisar a colocación dos libros despois do seu uso, axudar nas tarefas de reparación dos libros e controlar o uso dos ordenadores. Son os nosos auxiliares! E para agradecer o seu labor onte fíxoselles entrega dun pequeno agasallo que consiste nunha taza feita a man cun debuxo do "Principiño" e una frase do mesmo extraída do libro que traduciu Carlos Casares. Dentro da taza levaban un par de marcapáxinas e por fora a tarxeta que os identificaba como auxiliares. Grazas pola vosa colaboración rapaces!
ÁLBUM AQUÍ






luns, 22 de maio de 2017

Obradoiro de escritura creativa

Nesta páxina poderedes ir vendo diferentes traballos que se van facendo relacionados coa expresión escrita, pero dunha forma máis creativa ca o habitual. Dende Dinamización propúxose facelo deste xeito e resulta máis divertido e motivador. Aquí podedes ver o resultado dos diferentes traballos.
Fotos vacacións  Fotos máquina de escribir  Fotos atrapasoños  Fotos planeta Fotos tiburón